martes, 30 de octubre de 2012

Mellores xogadores do mes de Outubro





Outubro, mellores xogadores:


1. Berto

2. Román

3. Felipe

“SDC San Adrián volta ao Casal despois de seis meses”



Econtro correspondente a X Xornada de Primeira Rexional Grupo V.

En polos opostos de estado de ánimo, lugar na clasificación e estilos futbolísticos, Moaña e San Adrián mídense o domingo no clásico da liga de Primeira Rexional, unha vez máis co título en xogo pese a que a campaña a penas comeza.

A priori, o San Adrián é claro favorito por a solidez demostrada durante estas xornadas, con 21 puntos dos 27 posibles.

A xornada pasada o SDC San Adrián conseguiu manterse invicto no seu campo, pero esta vez non puido pasar do empate a 1 fronte ao Nigrán CF. Ao final o empate considerase xusto a tenor do que se produciu no campo ao longo dos noventa minutos de xogo. Un punto que serve para recortar a diferenza respecto ao primeiro clasificado, o cal se atopa tan só a tres puntos.

O Moaña, ven de conseguir un empate nun campo difícl com é o ARAL do Erizana, alcanza o choque na quinta posición, a catro puntos de distancia.

Ademais, sobre o equipo do Casal pesa unha carga adicional: non foi capaz de gañarlle ao San Adrián, o 6 de Maio, que se impuxo 0-2. Un derrota que lle custou un posible ascenso a Preferente.

Dous equipos tacticamente rápidos e de bo físico no medio campo, non cabe dúbida que neste partido tamén xogan os técnicos cos súas formulacións tácticos.  


Tod@s somos SAN ADRIÁN!!!

     C.D. Moaña                                    Estadisticas                                     S.D.C. San Adrián   
 
                5                                            Posición actual                                              2
                9                                            Partidos                                                         9
             5/2/2                        Vitorias/Empates/Derrotas (Total)                              6/3/0
             3/1/0                        Vitorias/Empates/Derrotas (Local)                             4/1/0
             2/1/2                        Vitorias/Empates/Derrotas (Visitante)                        2/2/0
               17                                         Puntos                                                             21
           17 : 13                                       Goles                                                           17 : 8
               4                                           Diferenza de goles                                          9

jueves, 25 de octubre de 2012

“SDC San Adrián darao todo e intentará gañar”




Encontro correspondente a IX Xornada de Primeira Autonómica Grupo V.

San Adrián e Nigrán veranse as caras o domingo, a partir das 16:30 horas no Salgueiral. Os equipos afrontarán o partido dende perspectivas moi diferentes aínda que cun único obxectivo, puntuar.

Por un lado, o Nigrán chega en undécimo posto na táboa da clasificación, con 10 puntos e o máis importante,  coa moral recuperada despois de gañar o último encontro de liga fronte ao Erizana en Condomínguez.

Por outro lado, o San Adrián, segundo da clasificación con 20 puntos de 24 posibles buscará conseguir 3 importantes puntos para seguir recortando diferenzas co primeiro clasificado e que sirvan para manterse no tren da cabeza.

O San Adrián ven de empatar a 1 fronte o Caldas nas Corticeiras. O partido, que a priori podería parecer sinxelo por a clasificación do rival, non o foi tanto, pois estivo claramente marcado por a actuación do colexiado e os nosos tiveron que empregarse ao máximo para finalmente conformarse cun empate.

Tod@s somos SAN ADRIÁN!!!


     S.D.C. San Adrián                           Estadisticas                                         NIGRAN C.F.   
 
                2                                            Posición actual                                               11
                8                                            Partidos                                                           8
             2/2/4                        Vitorias/Empates/Derrotas (Total)                               3/1/4
             2/0/1                        Vitorias/Empates/Derrotas (Local)                              2/0/2
             0/2/3                        Vitorias/Empates/Derrotas (Visitante)                        1/1/2
               20                                         Puntos                                                             10
           16 : 7                                        Goles                                                             16 : 16
               9                                          Diferenza de goles                                             0

domingo, 14 de octubre de 2012

O San Adrián mantense invicto no Salgueiral (2-1)






Segue imparable o San Adrián neste inicio de tempada coa cuarta vitoria consecutiva en casa.

Crónica:

O partido comezou sen moito ritmo. Ambos equipos parecían respectarse en exceso e as ocasións brillaban pola súa ausencia, aínda que o peso do xogo levábao na súa maioría o San Adrián.

Tras uns minutos de “tanteo”,no 3, nunha falta a favor do equipo visitante, centran e Víctor ao querer despexar, termina metendo o balón dentro da portería de Felipe. Desafortunada xogada para o San Adrián.

Tralo gol, os locais intentaron tomar máis a iniciativa en busca da igualada. Esta puido chegar no minuto 20, un saque de esquina que remata Dani de cabeza e a defensa visitante despexa a saque de esquina. Minutos máis tardes, Román conseguía adiantarse á defensa e o seu disparo foi desviado a córner por Samu nunha gran intervención.

San Adrián iríase ao vestiario sen conseguir empatar o partido.

O comezo da segunda parte comezou co equipo contrario aumentar distancias e Javi II quedar nun cara a cara con Felipe pero nada puido facer, pois a meta local sóubolle aguantar moi ben e mandar o esférico a saque de esquina.

Con vantaxe dos visitantes, os sanadrianenses devecían por o gol e intentaban buscar a iniciativa en busca da igualada. Intentábao Román a balón parado, e máis tarde  Borja que o seu disparo pasa rozando o travesaño.

No minuto 14, Borja intentábao cun disparo forte e raso pero Samu despexa a saque de esquina. É aí onde se orixina o gol para os locais. Borja lanza o saque de esquina e remata Israel de cabeza que deixa o balón no fondo da rede.

Os sanadrianenses estaban envorcados no ataque e instantes despois tiveron tres claras oportunidades de ampliar a vantaxe no marcador. Un disparo desde a frontal de Bande, outra nun remate de cabeza de Joco, no que Samu saca unha man incrible e un potente disparo de Román rozando o travesaño.

San Adrián avisaba do seu perigo e no minuto 76, Bande, tras recibir un pase preciso, fusilou a meta de Samu cun forte chut. A alegría estalaba noSALGUEIRAL.

Nos minutos de desconto, os visitantes terían a súa última oportunidade nunha falta no área de Felipe, pero que o seu disparo vai moi por encima do travesaño.

Unha vitoria importantísima en casa que fixo as delicias dos afeccionados. O San Adrián que suma e segue segundo na táboa clasificatoria.

AUPA SDC SAN ADRIÁN!!!.

SDC San Adrián     2

Felipe, Vasco, Berto , Victor, Israel, Borja(Bande min. 61), Piru (Tito min.77), Joco, Dani, Román ( Iago min. 90) e  Fran( Charly min. 72).

Porriño Industrial F.C.   1

Samu, Miki, Lele, Alvaro, Dido, MAnu, Javi (Millos min. 72), Jesus (Aballe min. 80), Yago (Rober min.72) y Javi II (Angel min.61).   

Goles: 0-1 min.32: Victor, 1-1 min.60: Israel e 2-1 min.76: Bande.

Árbitro:   Maria Lopez, auxiliado nas bandas Lepe Diaz e David Dominguez. Amoestou con amarela  aos locais Berto, Joco, Piru e Dani  e polo equipo visitante a Yago, Manu, Miki, Samu, Miki, David, Jesus e Javi. 

Incidencias: Partido correspondente á   VII Xornada do grupo V de Primeira Autonómica disputado no campo de “O Salgueiral ” ou campo de “O Cura”, ante uns douscentos  seareiros.

Desde San Adrián, informa Pili Paredes.


lunes, 8 de octubre de 2012

BORJA AGULLA CARRERA



Borja mediocentro ofensivo ou enganche. Adaptable a calquera estilo de xogo.

Capacidade de creación, retención da pelota, excelente combinación entre pase en curto, búsqueda de espazos, visión de xogo e mente fría.














Un empate é bo, pero o triunfo sería mellor (1-1)









O SDC San Adrián empatou como visitante ante o Salvatierra 1-1. O SDC San Adrián sigue sumando e sacou un punto do DExtros.











Crónica:

Coa confianza da boa dinámica do equipo saltou o SDC San Adrián ao campo. Os xogadores deixaron claro dende as primeiras accións que tiñan claro o seu obxectivo e ían loitar por conseguilo. Román cun potente disparo dende a frontal da área foi o primeiro en tratar de sorprender a Telmo.

SDC San Adrián xa avisaba do seu perigo. O Salvaterra tamén despregaba un bo xogo, vistoso, con xogadas rápidas por bandas. Un dominio do balón alternado por parte de ambos os dous equipos, co San Adrián querendo máis a posesión do esférico.

Pouco a pouco a posesión foi sendo máis clara para os visitantes, e con iso chegarían as ocasións de gol. Foron Moi e Dani os que dispoñerían das ocasións que foron solucionadas polo meta local, Telmo.

Román intentaríao de novo cun lanzamento de falta ao bordo da área, e Telmo sacaría unha man maxistral mandando o esférico a saque de esquina.

Pola súa banda, o Salvaterra intentaba chegar á área rival aproveitando o seu rápido extremo Noel por banda dereita, pero nos últimos metros encontrábanse un Berto moi atento que lles roubaba o balón.

Co resultado de empate a cero chegarían ao descanso.

Tras o descanso, o San Adrián saíu a polo seu obxectivo, os tres puntos. Pronto deixaría claras as súas intencións ao pouco de iniciarse a segunda parte. Román centra dende a banda dereita que toca Joky dentro da área pequena, deixando o balón nos pés de Fran para co seu disparo deixar o esférico no fondo da rede da meta local.

A pesar do ímpeto local, o San Adrián seguiu contando con oportunidades. A máis clara foi unha de Joky nun balón longo que se quedou só ante Telmo pero o seu desgaste físico era tanto que erraría no seu disparo. E outra, nun centro de Tito que remata Vasco, despéxaa a meta pero queda o balón morto na área pequena e que Borja non é capaz de chegar a tempo.

Foi no minuto 89 cando os visitantes pagarían esa falta de acerto cara a gol e se encontrarían co empate local. Un embarullamiento na frontal da área, e o desgaste físico de todo o equipo fixo que Julio acertase no seu tiro cara a gol. Duro golpe para os sanadrianenses, que vían como se lles complicaba un partido que podía estar resolto.

Finalmente, dous puntos que marcharon pero que aínda así segue para ir sumando na clasificación.

AUPA SDC SAN ADRIÁN!!!.

Salvatierra F.C.    1

Telmo, Lopez, Rubi (Jose min. 26), Borja, Odin, Manu, Zalo (Borja min. 26), Crisian (Lobo min. 59), Couso (Edgar min. 59), Noel e Julio. 

SDC San Adrián     1

Felipe, Charly, Berto , Victor, Israel, Moi, Piru (Borja min. 513), Joky (Juxx min. 84), Dani ( Vasco min. 76), Román ( Tito min. 66) e  Fran.

Goles: 1-0 min.52: Fran e 1-1 min. 89: Julio.

Árbitro:   Roberto Aira, auxiliado nas bandas Brais Benitz e YAtir Diaz. Amoestou con amarela  aos locais Lopez , Lobo e Julio e por o equipo visitante a Felipe, Joky e Victor.

Incidencias: Partido correspondiente á   VI  Xornada del grupo V de Primeira Autonómica disputado no campo de “Dextros”, ante unos cen  seareiros.